4/11/09
PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA DE CIG-SAÚDE CEE
A nova dirección é:
www.cig-saude.org/CEE
A páxina que estades a visualizar permanecerá activa un tempo.
Grazas pola vosa participación.
27/10/09
MANIFESTACIÓN EN VIGO
MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO
Esta manifestación está convocada pola plataforma sindical unitaria, contra a política da Xunta de recortes e supresión dos acordos asinados.
NON FALTES
XÓGASTE MOITO
2/10/09
Tratamento das embarazadas na OPE.
"No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización dos exames do mes de outubro de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata as 14 horas do día 14 de outubro para os chamamentos dos días 16, 17 e 18 de outubro de 2009; e ata as 14 horas do día 21 de outubro para os chamamentos dos días 23, 24 e 25 de outubro de 2009."
1/10/09
SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS
Por parte da Admón asistiron á reunión a Conselleira de Economía e Facenda, a Conselleira de Sanidade, a Directora de RRHH do SERGAS, o director xeral da función pública e un subdirector de educación.
A Conselleira de Economía explicounos as macro cifras dos orzamentos do 2010, o mal que o fixera o goberno bipartito e o moito que cobraramos cos acordos vixentes, e polo tanto van a plicar medidas de austeridade.
As medidas de austeridade concrétanse en: A Lei de orzamentos do 2010 vai conter unha cláusula que recolla a aplicación do artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público,é dicir, A SUSPENSIÓN TEMPORAL DOS ACORDOS ASINADOS EN ARAS DO INTERESE PÚBLICO.
¿En qué nos afecta?
A Conselleira de Sanidade confirmou que isto afectaría á convocatoria do IV grao de carreira extraordinaria para o persoal de xestión e servizo e persoal sanitario de formación profesional no ano 2010; así como á aplicación do acordo retributivo 2009-2012.
Despois do debate reprochóuselle que cómo podía dicir que ían suspender os acordos asinados mentras a Admón está a negociar unha suba salarial ao marxe da Mesa Sectorial ( extensión a todos os facultativos do complemento específico).Preguntóuselle á Conselleira de Economía e Facenda, ¿qué pasa co plus dos altos cargos? xa que nas medidas de austeridade non está a súa supresión.
Pónlle un suspenso ao governo.
Participa nas movilizacións.
30/9/09
OPE Cantabria
Categorías ofertadas:
- técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías
- técnico especialista en informática
- administrativo da función administrativa
- auxiliar da función administrativa
- calefactor
- electricista
- fontanero
- mecánico
- telefonista
- celador
- peón
- pinche
Solicitudes ata o 26/10/09.
EXAME GALEGO
Nos vindeiros días (este venres ou o luns da semán próxima) esperamos poder publicar na páxina web do organismo o listado de aspirantes das categorías da OPE 2009, QUE TERÁN QUE REALIZAR O EXERCICIO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.
Disporán dun prazo breve para presentar reclamación, por se poidera existir algún erro.
Por tanto, convén que todos os interesados revisen as listaxes, e no caso de que exista erro, deberán enviarnos por fax (881.54.28.18) a reclamación, engadindo copia do curso de galego correspondente ou da convalidación.
Informaremos cando saia publicado.
23/9/09
Convocatoria 2009 especialidades facultativos e outras titulacións universitarias.
Para máis información.
Convocatoria 2009 especialidades de enfermería.
Ofértanse 445 prazas de formación na especialidade de Enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), 154 prazas de formación na especialidade de Enfermería de Saúde Mental, e 12 prazas de formación na especialidade de Enfermería do Traballo.
Calendario das probas selectivas 2009/2010:
- Prazo de presentación de solicitudes: Do día 24 de setembro ao 5 de outubro de 2009.
- Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partires do día 13 de novembro de 2009.
- Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partires do día 23 de decembro de 2009.
- Data do exercicio: Sábado, día 23 de xaneiro de 2010.
- Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partires do día 2 de febreiro de 2010.
- Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 3, 4 e 5 de febreiro de 2010.
- Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partires do día 25 de febreiro de 2010.
- Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partires do día 19 de marzo de 2010.
- Actos de asignación de prazas: A partires do día 7 de abril de 2010. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección General de Ordenación Profesional, Cohesión del Sistema Nacional de Salud y Alta Inspección.
- Prazo posesorio para incorporación: Días 19 e 20 de maio de 2010, ambos inclusive.
18/9/09
Notas provisionais OPE facultativos
10/9/09
NOTA INFORMATIVA DA PREVISIÓN DE REALIZACIÓN DOS EXAMES DA OPE 2009.
de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e previo ao chamamento oficial
que tería que publicarse no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os exercicios da
fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de
persoal estatutario, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40,
do 26 de febreiro), realizaríanse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda
(Pontevedra) coa seguinte distribución:
16 outubro
- Mecánico/a: 10h.
- Fontaneiro/a:16h.
17 outubro
- Lavandeiro/a: 10h.
- Pasador/a de ferro: 16h.
18 outubro
- Técnico/a de xestión de sisttemas e técnicas da información:10,00h.
- Logopeda: 10,00h.
- Técnico/a especialista de sistemas e técnicas da información: 16,00h.
- Albanel: 16,00h.
23 outubro
- Costureiro/a: 10,00h.
- Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía: 16,00h.
24 outubro
- Técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico: 10,00h.
- Telefonista: 10,00h.
- Técnico/a especialista en hixiene bucodental: 16,00h.
- Perruqueiro/a: 16,00h.
- Calefactor/a: 16,00h.
25 outubro
- Grupo técnico da función administrativa: 9,00h.
- Grupo de xestión da función administrativa: 12,00h.
- Grupo administrativo da función administrativa: 16,15h.
7 novembro
- Técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico: 10,00h.
- Electricista: 10,00h.
- Terapeuta ocupacional: 10,00h.
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería: 16,00h.
8 novembro
- Pinche: 10,00h.
- Técnico/a especialista en radioterapia: 10,00h.
- Técnico/a superior en sistemas e técnicas da información: 10,00h.
- Celador/a: 16,00h.
14 novembro
- Fisioterapeuta: 10,00h.
- Traballador/a social: 10,00h.
- Carpinteiro/a: 10,00h.
- Enxeñeiro/a técnico/a: 10,00h.
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a): 10,00h.
- Enfermeiro/a especialista en saúde mental: 10,00h.
- Persoal de enfermería (ATS/DUE): 16,00h.
15 novembro
- Grupo auxiliar da función administrativa: 9,30h.
- Persoal de servizos xerais: 13,00h.
- Cociñeiro/a: 17,00h.
14/7/09
Modificación da convocatoria de OPE.
PROMOCION INTERNA
- Con carácter xeral, está exenta de facer o exame da parte común (temas 1 a 8, ambos inclusive).
- Quen se presente a grupo técnico ou de xestión da función administrativa e que pertenzan á categoría inmediatamente inferior, estará exento do 3º exercicio de desenvolvemento de temas.
- Os auxiliares da función administrativa que se presenten a persoal de servizos xerais, ou viceversa, estarán exentos de realizar o 2º exercico de contido práctico co ordenador.
- Quen se presente a diplomaturas sanitarias que pertenzan a unha categoría de diplomado sanitario, estará exento de contestar as preguntas dos temas 9 a 18, ambos inclusive.
EXAME DE GALEGO
- Quedará exento de realizar o exame de galego quen acredite o coñecemento da lingua galega, asignándoselle 5 puntos.
- Queda aberto o prazo para a presentación de copia compulsada de acreditación de coñecemento da lingua galega ata o 31 de agosto de 2009, este inclusive.
Para máis información.
3/7/09
Información carreira profesional
PARA O SERGAS ESTA É UNHA NOVA NEGOCIACIÓN, O QUE NOS OBRIGA A EMPEZAR DE NOVO O TRATAMENTO DE TÓDOLOS ASUNTOS E NON SÓ AQUELES QUE PARA NÓS ERAN IMPORTANTES, ACORDADOS POLA PLATAFORMA SINDICAL ANTES DAS ELECCIÓNS DA XUNTA.
A reunión produciuse coa Dirección de Recursos Humanos, que presenta un borrador regresivo en todos os aspectos, e, por si fora pouco, anulan a irreversibilidade da carreira, hegando ao extremo de propoñer como castigo a perda do grado. Do único asunto que se pronunciaron claramente foi da súa negativa á Carreira para funcionarios e laborais, do resto das demandas dos sindicatos non se pronunciaron, xa que dín, están estudiendo o impacto económico das mesmas.
AS DEMANDAS PRINCIPAIS DOS SINDICATOS SEGUEN SENDO:
- MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO
- TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO
- MELLORA DA PROMOCIÓN INTERNA
- AVALIACIÓN XUSTA
- TRATAMENTO FUNCIONARIOS E LABORAIS
- TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006
QUEDAMOS EN REUNIRNOS NO PRAZO DUNHA SEMANA XA CO DOCUMENTO COMPLETO.
OPE Aragón varias categorías.
Para máis información :
http://portal.aragon.es/portal/page/portal/SAS/EMPLEO/OPOSICIONES
Acreditación de coñecemento da lingua galega para os opositores FEAS
O prazo remata o 31 de xullo de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos para a OPE 2008 para FEAS, presenten na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, copia cotexada do Celga 4 ou equivalente.
Aqueles aspirantes que acrediten estar en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega, outorgaráselles no terceiro exerccio unha puntuación de 5 puntos.
8/6/09
OPE FEAS, resolución sobre as opositoras xestantes.
"No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) e do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización do exame do día 27 de xuño de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata ás 14 horas do día 24 de xuño de 2009."
15/5/09
OPE FEAS. Últimas novas.
No referente á OPE de FEAS, a CEMS foi a única organización sindical que solicitou que a OPE de FEAS se trasladase ao mes de outubro. O resto das organizacións sindicais amosamos o noso rexeitamento. Polo que a Administración mantén o 27 de xuño de 2009 como data de celebración da OPE de FEAS. Na próxima semán sairán publicados os tribunais.
Para máis información , pincha aquí.
Enfermaría especialista.
Seguiremos informando.
21/4/09
Prestación anual filla/o menor a cargo 2009
O prazo de presentación remata o 13 de maio de 2009.
Máis información
Sentenza firme sobre trienios de interinos.
http://www.cig-ensino.com/descargas/02209.pdf
O Estatuto Básico do Empregado Público (LEBEP) recoñece no artigo 25.2 aos funcionarios interinos os trienios correspondentes aos servizos prestados ata o 13/05/2007.
Agora unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña recoñece a un funcionario interino unha retroactividade, para o abono dos atrasos correspondentes por trienios, de CINCO ANOS, é dicir recoñece se lle abonen os atrasos e os intereses de demora polo devengo de trienios a 05/08/2003.
Isto abre a posibilidade de que os interinos que teñan trienios con anterioridade a maio de 2007, os poidan reclamar xudicialmente.
Información sobre apertura de listaxes de diversas categorías do Sergas.
- As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que corresponda a cada categoría, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos exixidos e méritos alegados polos e polas aspirantes.
- As persoas aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional, coa excepción das categorías de persoal médico de familia e persoal médico de urxencias hospitalarias, que serán compatibles entre si.
- As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
- As persoas aspirantes que fagan unha Modificación Non Substancial non terán que aboar taxas.
- As persoas aspirantes que fagan una Modificación Substancial, entendendo por tal aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión, deberán achegar, xunto coa solicitude, o xustificante de ter aboado as taxas.
- Como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes que accedan por primeira vez e as que soliciten unha modificación substancial, deberán aboar previamente en concepto de dereitos de inscrición nas listaxes o importe de 16,98 €.
Para máis información dirixídevos aos delegados de CIG -Saúde.
15/4/09
Próxima apertura das listaxes de contratación de diversas categorías do Sergas
Segundo información remitida polo Servizo Galego de Saúde o vindeiro venres, 17 de abril, terá lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.
O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).
Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:
1.- persoal médico de familia
2.-pediatra
3.-persoal médico de urxencias hospitalarias
4.-odontóloga e odontólogo
5.-enfermeira e enfermeiro (DUE)
6.-matrona e matrón
7.-auxiliar de enfermería
8.-cociñeira e cociñeiro
26/2/09
Apertura do prazo para a inscrición á OPE 2009
Os modelos de solicitude atópanse na páxina do Sergas, as cales serán cumplimentadas e entregaranse xunto co resto da documentación por rexistro.
Pagamento das taxas: Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. O devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Estarán exentos do pagamento da taxa os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría
especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Isto deberá ser acreditarse coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto
coa solicitude. Tamén se poderá realizar o pagamento das taxas a través da páxina do CIXTEC.
Documentación a aportar xunto coa solicitude:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte.
- Xustificante de aboar os dereitos de exame.
- As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.
Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias categorías deberán utilizar unha
solicitude diferente para cada unha á que se presenten.
Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha celas nun modelo de autoliquidación diferente.
25/2/09
Convocatoria OPE 2009 de persoal non facultativo
OPE FEAS 2009
As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros
de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de
Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día
seguinte ao da publicación desta resolución , para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.
15/2/09
ATRASOS ECONÓMICOS DA INTEGRACIÓN DAS FUNDACIÓNS
9/2/09
MOBILIZACIÓNS POLA CARREIRA ORDINARIA
Esixe a paralización do Decreto, solicitando se retome o proceso negociador dentro do Marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira Profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.
DECRETAZO NON
NEGOCIACIÓN SI
Se queres parar ao Sergas participa nas mobilizacións.
PREVISIÓNS OPE SERGAS 2009
Segundo información do Servizo Galego de Saúde, as previsións para a OPE 2009 son as seguintes:
- PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO E XESTIÓN E SERVIZOS.
13 de Febreiro: Publicación da oferta de emprego.
Finais de Febreiro: Convocatoria OPE (Prazo de solicitudes ata o 31 de marzo).
Principios de Maio: Publicación dos listados de admitidos/as e excluídos/as.
Mes de Maio: Constitución dos Tribunais.
Segunda quincena Setembro ou Primeira de Outubro: Exames
- PERSOAL FACULTATIVO.
Segunda quincena de Febreiro: Publicación dos listados provisionais de admitidos/as e excluídos/as.
Mes de Marzo: Constitución dos tribunais.
Último fin de semá de Xuño: Exames.
29/1/09
CONCENTRACIÓNS POLAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN
Simultáneamente na porta do HVX fíxose unha concentración ás 11h apoiando á protesta de Santiago.
25/1/09
Atrasos Acordo Retributivo 2008-2012.
Ademáis na orde de confección de nóminas de 2009, detectáronse diversos erros, polo que proximamente sairá publicada a corrección de erros.
20/1/09
RECOLLIDA DE SINATURAS
A proposta que dende Cee se fixo era de dividir as áreas en Norte e Sur, o cal facilitaría a cobertura non só dos novos hospitais comarcais senón tamén a dos centros de saúde de referencia para estes hospitais.
Esta decisión de crear listaxes de área vai en contra da conciliación da vida familiar e laboral ao someter aos traballadores a unha contínua mobilidade xeográfica que oscila dos 70 aos 100 km dependendo da área.
Todos aqueles que estén interesados en asinar en contra das listaxes de área, as follas estarán á vosa disposición nas distintas unidades e no local do Comité de Empresa do HVX.
Posto que previsiblemente a convocatoria de apertura de listas sairá na primeira quincena de febreiro, o vindeiro 29 de xaneiro ás 11hs no Edificio do Sergas en Santiago entregaranse as sinaturas, e está previsto realizar o mesmo día á mesma hora unha concentración en contra das listaxes de área fronte ao edificio do Sergas.
7/1/09
ACTA MESA DE CONTRATACIÓNS. LISTAXES ÚNICAS DE ÁREA.
ACTA DE ACORDO DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL do Servizo Galego de Saúde, DO 15 DE DECEMBRO DE 2008.
ASISTENTES:
Pola Administración:
- Francisco Javier Pena Corredoira
Subdirector Xeral de Políticas de Persoal
- María Ponte García
Xefa de Servizo de Relacións Laborais
- Encarnación Seoane Sánchez
- Alberto López Suárez
- Francisco Morán Losada
Subdirección xeral de Políticas de Persoal
Polas Organizacións Sindicais:
- CIG
María Xosé Abuín Álvarez / Xan Ramón Fernández Cid / Ana Arto Blanco
- CCOO
Irma Cardeso Trillo / Dolores González Lorenzo / Gonzalo García Pocero
- UXT
Luis Jerez Couselo / Rosa María Vilas Vidal
- CSI-CSIF
Carlos J. Cancela Rodríguez / David Dios Núñez / Daniel Otero Castiñeiras / Isabel Faraldo Calvo
- SAE
María Isabel Fernández Abelle
Na xuntanza da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, celebrada o día 15 de decembro de 2008 na sede do Servizo Galego de Saúde en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se indican na relación adxunta e as partes chegan por unanimidade ao seguinte
A C O R D O :
1º.- Aprobar a formalización dunha nova convocatoria de selección temporal para as categorías de persoal estatutario incluídas no proceso selectivo do 29 de xuño de 2006 (DOG do 10.7.2006); con carácter previo ao remate da negociación do novo pacto de selección temporal. As categorías ás que afecta a convocatoria son: médicos de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermería (ATS/DUE), matronas, auxiliares de enfermería e cociñeiros. Inclúese asemade a categoría de persoal médico de urxencias hospitalarias, cuxa convocatoria de selección temporal foi efectuada coa data do 26 de abril de 2006 (DOG do 11.5.2006).
2º.- Este proceso abrangue as entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 25.5.2007), de conformidade co establecido na súa disposición transitoria primeira.
3º.- Establecer que as listaxes que xurdan da convocatoria derivada do presente acordo permanezan en vigor e inalteradas ata que se formalice a seguinte convocatoria de selección temporal para as categorías de referencia. De tal xeito que o novo pacto sobre selección de persoal estatutario temporal que se aprobe formalmente a través de acordo da Mesa Sectorial -norma arestora en proceso de tratamento técnico no grupo de traballo constituído para tal efecto- afectará ás categorías indicadas só no que atinxe ás súas disposicións normativas (xestión das listaxes); máis non á configuración e orde de prelación derivado destas listas, que serán confeccionadas consonte os baremos do pacto de selección temporal de 2004 (DOG núm. 104, do 1 de xuño de 2004). As listaxes de selección temporal derivadas da seguinte convocatoria serán elaboradas de acordo cos baremos incluídos nos anexos do próximo pacto de selección temporal.
4º.- Determinar asemade que o ámbito de selección das categorías incluídas na convocatoria sexa o de área sanitaria. Este último acordo adóptase coa opinión en contrario da organización CIG, que sostén que para as fundacións hospitalarias o ámbito da vinculación debe ser exclusivamente o da propia fundación, por contraposición ao resto de institucións de atención especializada do Servizo Galego de Saúde.
5º.- Atendendo a petición da organización CEMSATSE, que vén de solicitar a súa participación nas comisións, central e provinciais, de seguimento do vixente pacto de selección temporal, as partes acordan a incorporación da devandita organización ás comisións de referencia, condicionada á súa sinatura e adhesión formal ao pacto.