- As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que corresponda a cada categoría, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos exixidos e méritos alegados polos e polas aspirantes.
- As persoas aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional, coa excepción das categorías de persoal médico de familia e persoal médico de urxencias hospitalarias, que serán compatibles entre si.
- As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
- As persoas aspirantes que fagan unha Modificación Non Substancial non terán que aboar taxas.
- As persoas aspirantes que fagan una Modificación Substancial, entendendo por tal aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión, deberán achegar, xunto coa solicitude, o xustificante de ter aboado as taxas.
- Como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes que accedan por primeira vez e as que soliciten unha modificación substancial, deberán aboar previamente en concepto de dereitos de inscrición nas listaxes o importe de 16,98 €.
Para máis información dirixídevos aos delegados de CIG -Saúde.