Segundo información remitida polo Servizo Galego de Saúde o vindeiro venres, 17 de abril, terá lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.
O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).
Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:
1.- persoal médico de familia
2.-pediatra
3.-persoal médico de urxencias hospitalarias
4.-odontóloga e odontólogo
5.-enfermeira e enfermeiro (DUE)
6.-matrona e matrón
7.-auxiliar de enfermería
8.-cociñeira e cociñeiro