Unha sentenza gañada pola CIG- Ensino obriga a pagar os trienios polos servizos prestados como persoal interino con anterioridade a maio de 2007.
http://www.cig-ensino.com/descargas/02209.pdf
O Estatuto Básico do Empregado Público (LEBEP) recoñece no artigo 25.2 aos funcionarios interinos os trienios correspondentes aos servizos prestados ata o 13/05/2007.
Agora unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña recoñece a un funcionario interino unha retroactividade, para o abono dos atrasos correspondentes por trienios, de CINCO ANOS, é dicir recoñece se lle abonen os atrasos e os intereses de demora polo devengo de trienios a 05/08/2003.
Isto abre a posibilidade de que os interinos que teñan trienios con anterioridade a maio de 2007, os poidan reclamar xudicialmente.