Mostrando entradas con la etiqueta contratacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contratacións. Mostrar todas las entradas

21/4/09

Información sobre apertura de listaxes de diversas categorías do Sergas.

O luns 20 de abril abreuse o prazo de presentación das solicitudes de incorporación de novos méritos e para a inclusión de novos aspirantes nas categorías de persoal médico de familia, pediatras, persoal médico de urxencias hospitalarias, odontólogas e odontólogos, persoal de enfermaría (DUE), matronas e matróns, auxiliares de enfermaría e cociñeiras e cociñeiros do Sergas. Dito prazo permanecerá aberto ata o sábado 9 de maio de 2009.
  • As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que corresponda a cada categoría, xunto coa documentación acreditativa dos requisitos exixidos e méritos alegados polos e polas aspirantes.
  • As persoas aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional, coa excepción das categorías de persoal médico de familia e persoal médico de urxencias hospitalarias, que serán compatibles entre si.
  • As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
  • As persoas aspirantes que fagan unha Modificación Non Substancial non terán que aboar taxas.
  • As persoas aspirantes que fagan una Modificación Substancial, entendendo por tal aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión, deberán achegar, xunto coa solicitude, o xustificante de ter aboado as taxas.
  • Como requisito necesario para participar neste proceso, as persoas aspirantes que accedan por primeira vez e as que soliciten unha modificación substancial, deberán aboar previamente en concepto de dereitos de inscrición nas listaxes o importe de 16,98 €.

Para máis información dirixídevos aos delegados de CIG -Saúde.

15/4/09

Próxima apertura das listaxes de contratación de diversas categorías do Sergas

Segundo información remitida polo Servizo Galego de Saúde o vindeiro venres, 17 de abril, terá lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.

O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).

Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:

1.- persoal médico de familia
2.-pediatra
3.-persoal médico de urxencias hospitalarias
4.-odontóloga e odontólogo
5.-enfermeira e enfermeiro (DUE)
6.-matrona e matrón
7.-auxiliar de enfermería
8.-cociñeira e cociñeiro

29/1/09

CONCENTRACIÓNS POLAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN

Hoxe 29 de xaneiro ás 11h tivo lugar unha concentración de delegados de CIG-Saúde e algúns traballadores do HVX fronte ao Servizo Galego de Saúde reclamando a adecuación dos cadros de persoal coma calquer hospital comarcal da rede Sergas, e para protestar pola intención do Sergas, co beneplácito dos demáis sindicatos (UXT, CCOO, CSI-CSIF e SAE), de que as convocatorias das listaxes de contratación que sairán publicadas en febreiro, foran con ámbito de hospital e non de área. Ao mesmo tempo fíxose entrega no rexistro do Servizo Galego de Saúde de máis de 400 sinaturas recollidas en toda Galicia reclamando a excisión das áreas que teñen dentro do seu ámbito algunha das ex-Fundacións, como son A Coruña, Santiago e Ourense.

Simultáneamente na porta do HVX fíxose unha concentración ás 11h apoiando á protesta de Santiago.

20/1/09

RECOLLIDA DE SINATURAS

Dende a CIG do HVX propúxose no último Consello Nacional de CIG-Saúde en Santiago iniciar unha recollida de sinaturas en toda Galiza en contra do último acordo da Mesa de Contratacións do Sergas no cal se acordou que o ámbito de aplicación das listaxes, que proximamente sairán publicadas, fora de área.
A proposta que dende Cee se fixo era de dividir as áreas en Norte e Sur, o cal facilitaría a cobertura non só dos novos hospitais comarcais senón tamén a dos centros de saúde de referencia para estes hospitais.
Esta decisión de crear listaxes de área vai en contra da conciliación da vida familiar e laboral ao someter aos traballadores a unha contínua mobilidade xeográfica que oscila dos 70 aos 100 km dependendo da área.
Todos aqueles que estén interesados en asinar en contra das listaxes de área, as follas estarán á vosa disposición nas distintas unidades e no local do Comité de Empresa do HVX.
Posto que previsiblemente a convocatoria de apertura de listas sairá na primeira quincena de febreiro, o vindeiro 29 de xaneiro ás 11hs no Edificio do Sergas en Santiago entregaranse as sinaturas, e está previsto realizar o mesmo día á mesma hora unha concentración en contra das listaxes de área fronte ao edificio do Sergas.

7/1/09

ACTA MESA DE CONTRATACIÓNS. LISTAXES ÚNICAS DE ÁREA.

ACTA DE ACORDO DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL do Servizo Galego de Saúde, DO 15 DE DECEMBRO DE 2008.

ASISTENTES:
Pola Administración:
- Francisco Javier Pena Corredoira
Subdirector Xeral de Políticas de Persoal
- María Ponte García
Xefa de Servizo de Relacións Laborais
- Encarnación Seoane Sánchez
- Alberto López Suárez
- Francisco Morán Losada
Subdirección xeral de Políticas de Persoal

Polas Organizacións Sindicais:
- CIG
María Xosé Abuín Álvarez / Xan Ramón Fernández Cid / Ana Arto Blanco
- CCOO
Irma Cardeso Trillo / Dolores González Lorenzo / Gonzalo García Pocero
- UXT
Luis Jerez Couselo / Rosa María Vilas Vidal
- CSI-CSIF
Carlos J. Cancela Rodríguez / David Dios Núñez / Daniel Otero Castiñeiras / Isabel Faraldo Calvo
- SAE
María Isabel Fernández Abelle

Na xuntanza da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, celebrada o día 15 de decembro de 2008 na sede do Servizo Galego de Saúde en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se indican na relación adxunta e as partes chegan por unanimidade ao seguinte

A C O R D O :

1º.- Aprobar a formalización dunha nova convocatoria de selección temporal para as categorías de persoal estatutario incluídas no proceso selectivo do 29 de xuño de 2006 (DOG do 10.7.2006); con carácter previo ao remate da negociación do novo pacto de selección temporal. As categorías ás que afecta a convocatoria son: médicos de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermería (ATS/DUE), matronas, auxiliares de enfermería e cociñeiros. Inclúese asemade a categoría de persoal médico de urxencias hospitalarias, cuxa convocatoria de selección temporal foi efectuada coa data do 26 de abril de 2006 (DOG do 11.5.2006).

2º.- Este proceso abrangue as entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 25.5.2007), de conformidade co establecido na súa disposición transitoria primeira.

3º.- Establecer que as listaxes que xurdan da convocatoria derivada do presente acordo permanezan en vigor e inalteradas ata que se formalice a seguinte convocatoria de selección temporal para as categorías de referencia. De tal xeito que o novo pacto sobre selección de persoal estatutario temporal que se aprobe formalmente a través de acordo da Mesa Sectorial -norma arestora en proceso de tratamento técnico no grupo de traballo constituído para tal efecto- afectará ás categorías indicadas só no que atinxe ás súas disposicións normativas (xestión das listaxes); máis non á configuración e orde de prelación derivado destas listas, que serán confeccionadas consonte os baremos do pacto de selección temporal de 2004 (DOG núm. 104, do 1 de xuño de 2004). As listaxes de selección temporal derivadas da seguinte convocatoria serán elaboradas de acordo cos baremos incluídos nos anexos do próximo pacto de selección temporal.

4º.- Determinar asemade que o ámbito de selección das categorías incluídas na convocatoria sexa o de área sanitaria. Este último acordo adóptase coa opinión en contrario da organización CIG, que sostén que para as fundacións hospitalarias o ámbito da vinculación debe ser exclusivamente o da propia fundación, por contraposición ao resto de institucións de atención especializada do Servizo Galego de Saúde.

5º.- Atendendo a petición da organización CEMSATSE, que vén de solicitar a súa participación nas comisións, central e provinciais, de seguimento do vixente pacto de selección temporal, as partes acordan a incorporación da devandita organización ás comisións de referencia, condicionada á súa sinatura e adhesión formal ao pacto.

23/12/08

Listaxes de contratación Sergas

O pasado 15 de decembro de 2008, acordouse en Mesa Sectorial a apertura de listaxes de contratación das categorías de Enfermería, Auxiliares de Enfermería, Médicos de Familia, Médicos de Urxencias hospitalarias, Pediatras, Odontólogos, Matronas e Cociñeiros. Esta convocatoria sairá previsiblemente na primeira quincena de febreiro do 2009 respectando as bases actuais do ano 2004 das listaxes de contratación do SERGAS.
Na Mesa a CIG solicitou que as aínda Fundacións tiveran unha listaxe propia independente da lista de área, respectando os ámbitos actuais das Fundacións, pero a Administración co apoio do resto dos sindicatos non aceptou a proposta. Só no caso do Salnés, por ter Área propia terán lista independente da de Pontevedra.
Polo tanto, unha vez saian as listaxes definitivas destas categorías os aspirantes que estén inscritos, por exemplo, na área de A Coruña poderán ser chamados para vinculacións temporais en Primaria, CHUAC, HVX, CTG e 061, sendo penalizados no caso de rexeitar un contrato.
O resto de listaxes vixentes a día de hoxe no HVX seguirán funcionando ata que saia a convocatoria desas categorías no SERGAS.
Ao longo do 2009 negociarase un novo pacto de contratacións do que xa vos iremos informando.