23/12/08

Listaxes de contratación Sergas

O pasado 15 de decembro de 2008, acordouse en Mesa Sectorial a apertura de listaxes de contratación das categorías de Enfermería, Auxiliares de Enfermería, Médicos de Familia, Médicos de Urxencias hospitalarias, Pediatras, Odontólogos, Matronas e Cociñeiros. Esta convocatoria sairá previsiblemente na primeira quincena de febreiro do 2009 respectando as bases actuais do ano 2004 das listaxes de contratación do SERGAS.
Na Mesa a CIG solicitou que as aínda Fundacións tiveran unha listaxe propia independente da lista de área, respectando os ámbitos actuais das Fundacións, pero a Administración co apoio do resto dos sindicatos non aceptou a proposta. Só no caso do Salnés, por ter Área propia terán lista independente da de Pontevedra.
Polo tanto, unha vez saian as listaxes definitivas destas categorías os aspirantes que estén inscritos, por exemplo, na área de A Coruña poderán ser chamados para vinculacións temporais en Primaria, CHUAC, HVX, CTG e 061, sendo penalizados no caso de rexeitar un contrato.
O resto de listaxes vixentes a día de hoxe no HVX seguirán funcionando ata que saia a convocatoria desas categorías no SERGAS.
Ao longo do 2009 negociarase un novo pacto de contratacións do que xa vos iremos informando.