29/1/09

CONCENTRACIÓNS POLAS LISTAXES DE CONTRATACIÓN

Hoxe 29 de xaneiro ás 11h tivo lugar unha concentración de delegados de CIG-Saúde e algúns traballadores do HVX fronte ao Servizo Galego de Saúde reclamando a adecuación dos cadros de persoal coma calquer hospital comarcal da rede Sergas, e para protestar pola intención do Sergas, co beneplácito dos demáis sindicatos (UXT, CCOO, CSI-CSIF e SAE), de que as convocatorias das listaxes de contratación que sairán publicadas en febreiro, foran con ámbito de hospital e non de área. Ao mesmo tempo fíxose entrega no rexistro do Servizo Galego de Saúde de máis de 400 sinaturas recollidas en toda Galicia reclamando a excisión das áreas que teñen dentro do seu ámbito algunha das ex-Fundacións, como son A Coruña, Santiago e Ourense.

Simultáneamente na porta do HVX fíxose unha concentración ás 11h apoiando á protesta de Santiago.