Onte mércores a CIG e máis CSIF estabamos convocadas/os as/os Secretarias/os das federacións da área pública( ADMÓN, ENSINO E SAÚDE) a unha reunión coa Conselleira de Economía e Facenda para explicarnos os Orzamentos do 2010. O martes convocaran a CCOO e UGT.
Por parte da Admón asistiron á reunión a Conselleira de Economía e Facenda, a Conselleira de Sanidade, a Directora de RRHH do SERGAS, o director xeral da función pública e un subdirector de educación.
A Conselleira de Economía explicounos as macro cifras dos orzamentos do 2010, o mal que o fixera o goberno bipartito e o moito que cobraramos cos acordos vixentes, e polo tanto van a plicar medidas de austeridade.
As medidas de austeridade concrétanse en: A Lei de orzamentos do 2010 vai conter unha cláusula que recolla a aplicación do artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público,é dicir, A SUSPENSIÓN TEMPORAL DOS ACORDOS ASINADOS EN ARAS DO INTERESE PÚBLICO.
¿En qué nos afecta?
A Conselleira de Sanidade confirmou que isto afectaría á convocatoria do IV grao de carreira extraordinaria para o persoal de xestión e servizo e persoal sanitario de formación profesional no ano 2010; así como á aplicación do acordo retributivo 2009-2012.
Despois do debate reprochóuselle que cómo podía dicir que ían suspender os acordos asinados mentras a Admón está a negociar unha suba salarial ao marxe da Mesa Sectorial ( extensión a todos os facultativos do complemento específico).Preguntóuselle á Conselleira de Economía e Facenda, ¿qué pasa co plus dos altos cargos? xa que nas medidas de austeridade non está a súa supresión.
Pónlle un suspenso ao governo.
Participa nas movilizacións.