10/9/09

NOTA INFORMATIVA DA PREVISIÓN DE REALIZACIÓN DOS EXAMES DA OPE 2009.

Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección
de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e previo ao chamamento oficial
que tería que publicarse no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os exercicios da
fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de
persoal estatutario, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40,
do 26 de febreiro), realizaríanse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda
(Pontevedra) coa seguinte distribución:

16 outubro

  • Mecánico/a: 10h.
  • Fontaneiro/a:16h.

17 outubro

  • Lavandeiro/a: 10h.
  • Pasador/a de ferro: 16h.

18 outubro

  • Técnico/a de xestión de sisttemas e técnicas da información:10,00h.
  • Logopeda: 10,00h.
  • Técnico/a especialista de sistemas e técnicas da información: 16,00h.
  • Albanel: 16,00h.

23 outubro

  • Costureiro/a: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía: 16,00h.

24 outubro

  • Técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico: 10,00h.
  • Telefonista: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en hixiene bucodental: 16,00h.
  • Perruqueiro/a: 16,00h.
  • Calefactor/a: 16,00h.

25 outubro

  • Grupo técnico da función administrativa: 9,00h.
  • Grupo de xestión da función administrativa: 12,00h.
  • Grupo administrativo da función administrativa: 16,15h.

7 novembro

  • Técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico: 10,00h.
  • Electricista: 10,00h.
  • Terapeuta ocupacional: 10,00h.
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería: 16,00h.

8 novembro

  • Pinche: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en radioterapia: 10,00h.
  • Técnico/a superior en sistemas e técnicas da información: 10,00h.
  • Celador/a: 16,00h.

14 novembro

  • Fisioterapeuta: 10,00h.
  • Traballador/a social: 10,00h.
  • Carpinteiro/a: 10,00h.
  • Enxeñeiro/a técnico/a: 10,00h.
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a): 10,00h.
  • Enfermeiro/a especialista en saúde mental: 10,00h.
  • Persoal de enfermería (ATS/DUE): 16,00h.

15 novembro

  • Grupo auxiliar da función administrativa: 9,30h.
  • Persoal de servizos xerais: 13,00h.
  • Cociñeiro/a: 17,00h.