23/9/09

Convocatoria 2009 especialidades de enfermería.

Onte 22 de setembro de 2009 saiu publicado no BOE a Orde SAS/2511/2009, de 14 de setembro, pola que se convoca proba selectiva 2009, para o acceso no 2010 a prazas de formación das especialidades de Enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), de Enfermería de Saúde Mental e de Enfermería do Traballo.

Ofértanse 445 prazas de formación na especialidade de Enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), 154 prazas de formación na especialidade de Enfermería de Saúde Mental, e 12 prazas de formación na especialidade de Enfermería do Traballo.

Calendario das probas selectivas 2009/2010:

  1. Prazo de presentación de solicitudes: Do día 24 de setembro ao 5 de outubro de 2009.
  2. Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partires do día 13 de novembro de 2009.
  3. Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partires do día 23 de decembro de 2009.
  4. Data do exercicio: Sábado, día 23 de xaneiro de 2010.
  5. Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partires do día 2 de febreiro de 2010.
  6. Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 3, 4 e 5 de febreiro de 2010.
  7. Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partires do día 25 de febreiro de 2010.
  8. Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partires do día 19 de marzo de 2010.
  9. Actos de asignación de prazas: A partires do día 7 de abril de 2010. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección General de Ordenación Profesional, Cohesión del Sistema Nacional de Salud y Alta Inspección.
  10. Prazo posesorio para incorporación: Días 19 e 20 de maio de 2010, ambos inclusive.

Para máis información.