30/9/09

OPE Cantabria

Convocatoria de probas selectivas para o acceso, mediante concurso-oposición, a prazas das Institucións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Cantabria (BOC 185, 25/09/09).
Categorías ofertadas:
  • técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías
  • técnico especialista en informática
  • administrativo da función administrativa
  • auxiliar da función administrativa
  • calefactor
  • electricista
  • fontanero
  • mecánico
  • telefonista
  • celador
  • peón
  • pinche

Solicitudes ata o 26/10/09.

EXAME GALEGO

Dende o Sergas chegounos a seguinte información:
Nos vindeiros días (este venres ou o luns da semán próxima) esperamos poder publicar na páxina web do organismo o listado de aspirantes das categorías da OPE 2009, QUE TERÁN QUE REALIZAR O EXERCICIO DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA.

Disporán dun prazo breve para presentar reclamación, por se poidera existir algún erro.
Por tanto, convén que todos os interesados revisen as listaxes, e no caso de que exista erro, deberán enviarnos por fax (881.54.28.18) a reclamación, engadindo copia do curso de galego correspondente ou da convalidación.

Informaremos cando saia publicado.

23/9/09

Convocatoria 2009 especialidades facultativos e outras titulacións universitarias.

Onte 22 de setembro saiu publicada no BOE a Orde SAS/2510/2009, de 14 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2009 para o acceso no ano 2010 a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Químicos, Biólogos, Bioquímicos, Psicólogos e Radiofísicos Hospitalarios.

Para máis información.

Convocatoria 2009 especialidades de enfermería.

Onte 22 de setembro de 2009 saiu publicado no BOE a Orde SAS/2511/2009, de 14 de setembro, pola que se convoca proba selectiva 2009, para o acceso no 2010 a prazas de formación das especialidades de Enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), de Enfermería de Saúde Mental e de Enfermería do Traballo.

Ofértanse 445 prazas de formación na especialidade de Enfermería Obstétrico-xinecolóxica (Matrona), 154 prazas de formación na especialidade de Enfermería de Saúde Mental, e 12 prazas de formación na especialidade de Enfermería do Traballo.

Calendario das probas selectivas 2009/2010:

  1. Prazo de presentación de solicitudes: Do día 24 de setembro ao 5 de outubro de 2009.
  2. Exhibición das relacións provisionais de admitidos: A partires do día 13 de novembro de 2009.
  3. Exhibición das relacións definitivas de admitidos: A partires do día 23 de decembro de 2009.
  4. Data do exercicio: Sábado, día 23 de xaneiro de 2010.
  5. Exhibición das plantillas de respostas correctas: A partires do día 2 de febreiro de 2010.
  6. Prazo de reclamacións ás plantillas de respostas correctas: Días 3, 4 e 5 de febreiro de 2010.
  7. Exhibición das relacións provisionais de resultados: A partires do día 25 de febreiro de 2010.
  8. Exhibición das relacións definitivas de resultados: A partires do día 19 de marzo de 2010.
  9. Actos de asignación de prazas: A partires do día 7 de abril de 2010. Conforme ao calendario que aprobará a Dirección General de Ordenación Profesional, Cohesión del Sistema Nacional de Salud y Alta Inspección.
  10. Prazo posesorio para incorporación: Días 19 e 20 de maio de 2010, ambos inclusive.

Para máis información.

18/9/09

Notas provisionais OPE facultativos

Segundo información do Sergas, o vindeiro luns 21 de setembro, a media mañá, publicaranse oficialmente na páxina web do Sergas, as notas provisionais dos exercicios de licenciados sanitarios (incluída a nota do exercicio de galego), así como as de medicina intensiva ( que non foron avanzadas no verán). Así mesmo, ábrense oficialmente os prazos de reclamación.

10/9/09

NOTA INFORMATIVA DA PREVISIÓN DE REALIZACIÓN DOS EXAMES DA OPE 2009.

Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección
de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e previo ao chamamento oficial
que tería que publicarse no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os exercicios da
fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de
persoal estatutario, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40,
do 26 de febreiro), realizaríanse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda
(Pontevedra) coa seguinte distribución:

16 outubro

  • Mecánico/a: 10h.
  • Fontaneiro/a:16h.

17 outubro

  • Lavandeiro/a: 10h.
  • Pasador/a de ferro: 16h.

18 outubro

  • Técnico/a de xestión de sisttemas e técnicas da información:10,00h.
  • Logopeda: 10,00h.
  • Técnico/a especialista de sistemas e técnicas da información: 16,00h.
  • Albanel: 16,00h.

23 outubro

  • Costureiro/a: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía: 16,00h.

24 outubro

  • Técnico/a especialista en imaxe para o diagnóstico clínico: 10,00h.
  • Telefonista: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en hixiene bucodental: 16,00h.
  • Perruqueiro/a: 16,00h.
  • Calefactor/a: 16,00h.

25 outubro

  • Grupo técnico da función administrativa: 9,00h.
  • Grupo de xestión da función administrativa: 12,00h.
  • Grupo administrativo da función administrativa: 16,15h.

7 novembro

  • Técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico: 10,00h.
  • Electricista: 10,00h.
  • Terapeuta ocupacional: 10,00h.
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería: 16,00h.

8 novembro

  • Pinche: 10,00h.
  • Técnico/a especialista en radioterapia: 10,00h.
  • Técnico/a superior en sistemas e técnicas da información: 10,00h.
  • Celador/a: 16,00h.

14 novembro

  • Fisioterapeuta: 10,00h.
  • Traballador/a social: 10,00h.
  • Carpinteiro/a: 10,00h.
  • Enxeñeiro/a técnico/a: 10,00h.
  • Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a): 10,00h.
  • Enfermeiro/a especialista en saúde mental: 10,00h.
  • Persoal de enfermería (ATS/DUE): 16,00h.

15 novembro

  • Grupo auxiliar da función administrativa: 9,30h.
  • Persoal de servizos xerais: 13,00h.
  • Cociñeiro/a: 17,00h.