23/12/08
OPE 2008
Previsiblemente, sairá publicado o Decreto da OPE 2008 en febreiro de 2009, para negociarse con posterioridade a convocatoria das prazas.
Acordouse que nesta OPE se recolla a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental.
Listaxes de contratación Sergas
Na Mesa a CIG solicitou que as aínda Fundacións tiveran unha listaxe propia independente da lista de área, respectando os ámbitos actuais das Fundacións, pero a Administración co apoio do resto dos sindicatos non aceptou a proposta. Só no caso do Salnés, por ter Área propia terán lista independente da de Pontevedra.
Polo tanto, unha vez saian as listaxes definitivas destas categorías os aspirantes que estén inscritos, por exemplo, na área de A Coruña poderán ser chamados para vinculacións temporais en Primaria, CHUAC, HVX, CTG e 061, sendo penalizados no caso de rexeitar un contrato.
O resto de listaxes vixentes a día de hoxe no HVX seguirán funcionando ata que saia a convocatoria desas categorías no SERGAS.
Ao longo do 2009 negociarase un novo pacto de contratacións do que xa vos iremos informando.
22/12/08
OPE FACULTATIVOS SERGAS 2008
- Médico/a de familia de atención primaria: 602 prazas
- Médico/a de urxencias hospitalarias: 43 prazas
- Médico/a coordinador/a do 061: 2 prazas
- Odontólogo/a de atención primaria: 24 prazas
- Farmacéutico/a de atención primaria: 3 prazas
- Pediatra de atención primaria: 25 prazas
- Facultativo/a especialista de área das seguintes especialidades:
- Alergoloxía: 3
- Análises Clínicos: 4
- Anatomía patolóxica: 5
- Anestesioloxía e reanimación: 36
- Anxioloxía e cirurxía vascular: 1
- Aparello dixestivo: 4
- Cardioloxía: 12
- Cirurxía cardiovascular: 1
- Cirurxía oral e maxilofacial: 2
- Cirurxía ortopédica e traumatoloxía: 23
- Cirurxía pediátrica: 1
- Cirurxía plástica, estética e reparadora: 2
- Cirurxía torácica: 3
- Cirurxía xeral e do aparello dixestivo: 16
- Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía: 2
- Endocrinoloxía e nutrición: 3
- Farmacia hospitalaria: 5
- Hematoloxía e hemoterapia: 5
- Medicina do traballo: 3
- Medicina física e rehabilitación: 5
- Medicina intensiva: 9
- Medicina interna: 25
- Medicina preventiva e saúde pública: 1
- Microbioloxía e parasitoloxía: 3
- Nefroloxía: 4
- Neurofisioloxía clínica: 3
- Neuroloxía: 12
- Obstetricia e xinecoloxía: 20
- Oftalmoloxía: 16
- Oncoloxía médica: 6
- Oncoloxía radioterápica: 1
- Otorrinolaringoloxía: 7
- Pediatría e as súas áreas específicas: 18
- Pneumoloxía: 3
- Psicoloxía clínica: 4
- Psiquiatría: 14
- Radiodiagnóstico: 11
- Radiofísica hospitalaria: 2
- Reumatoloxía: 4
- Uroloxía: 3
- Xeriatría: 1
O modelo de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as n apáxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) premendo o icono emprego público, OPE2008, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que apareceerá neste apartado.
O formulario deberá entregarse xunto co Xustificante de liquidación ou exención/bonificación de taxas e a fotocopia do NIF/DI/Pasaporte.
O prazo para a entrega de solicitudes rematará o vindeiro día 31 de xaneiro de 2009.