23/12/08

OPE 2008

Na Mesa Sectorial do 19 de decembro de 2008, tratouse o tema da publicación do Decreto da OPE 2008 para o resto de categorías, posto que ata o de agora só está publicada a de Facultativos.
Previsiblemente, sairá publicado o Decreto da OPE 2008 en febreiro de 2009, para negociarse con posterioridade a convocatoria das prazas.
Acordouse que nesta OPE se recolla a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental.

Listaxes de contratación Sergas

O pasado 15 de decembro de 2008, acordouse en Mesa Sectorial a apertura de listaxes de contratación das categorías de Enfermería, Auxiliares de Enfermería, Médicos de Familia, Médicos de Urxencias hospitalarias, Pediatras, Odontólogos, Matronas e Cociñeiros. Esta convocatoria sairá previsiblemente na primeira quincena de febreiro do 2009 respectando as bases actuais do ano 2004 das listaxes de contratación do SERGAS.
Na Mesa a CIG solicitou que as aínda Fundacións tiveran unha listaxe propia independente da lista de área, respectando os ámbitos actuais das Fundacións, pero a Administración co apoio do resto dos sindicatos non aceptou a proposta. Só no caso do Salnés, por ter Área propia terán lista independente da de Pontevedra.
Polo tanto, unha vez saian as listaxes definitivas destas categorías os aspirantes que estén inscritos, por exemplo, na área de A Coruña poderán ser chamados para vinculacións temporais en Primaria, CHUAC, HVX, CTG e 061, sendo penalizados no caso de rexeitar un contrato.
O resto de listaxes vixentes a día de hoxe no HVX seguirán funcionando ata que saia a convocatoria desas categorías no SERGAS.
Ao longo do 2009 negociarase un novo pacto de contratacións do que xa vos iremos informando.

22/12/08

OPE FACULTATIVOS SERGAS 2008

Hoxe luns 22 de decembro de 2008 sairon publicadas no D.O.G. as resolucións polas que se convoca concurso-oposición das seguintes categorías de facultativos:

- Médico/a de familia de atención primaria: 602 prazas

- Médico/a de urxencias hospitalarias: 43 prazas

- Médico/a coordinador/a do 061: 2 prazas

- Odontólogo/a de atención primaria: 24 prazas

- Farmacéutico/a de atención primaria: 3 prazas

- Pediatra de atención primaria: 25 prazas

- Facultativo/a especialista de área das seguintes especialidades:

  • Alergoloxía: 3
  • Análises Clínicos: 4
  • Anatomía patolóxica: 5
  • Anestesioloxía e reanimación: 36
  • Anxioloxía e cirurxía vascular: 1
  • Aparello dixestivo: 4
  • Cardioloxía: 12
  • Cirurxía cardiovascular: 1
  • Cirurxía oral e maxilofacial: 2
  • Cirurxía ortopédica e traumatoloxía: 23
  • Cirurxía pediátrica: 1
  • Cirurxía plástica, estética e reparadora: 2
  • Cirurxía torácica: 3
  • Cirurxía xeral e do aparello dixestivo: 16
  • Dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía: 2
  • Endocrinoloxía e nutrición: 3
  • Farmacia hospitalaria: 5
  • Hematoloxía e hemoterapia: 5
  • Medicina do traballo: 3
  • Medicina física e rehabilitación: 5
  • Medicina intensiva: 9
  • Medicina interna: 25
  • Medicina preventiva e saúde pública: 1
  • Microbioloxía e parasitoloxía: 3
  • Nefroloxía: 4
  • Neurofisioloxía clínica: 3
  • Neuroloxía: 12
  • Obstetricia e xinecoloxía: 20
  • Oftalmoloxía: 16
  • Oncoloxía médica: 6
  • Oncoloxía radioterápica: 1
  • Otorrinolaringoloxía: 7
  • Pediatría e as súas áreas específicas: 18
  • Pneumoloxía: 3
  • Psicoloxía clínica: 4
  • Psiquiatría: 14
  • Radiodiagnóstico: 11
  • Radiofísica hospitalaria: 2
  • Reumatoloxía: 4
  • Uroloxía: 3
  • Xeriatría: 1

O modelo de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as n apáxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) premendo o icono emprego público, OPE2008, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que apareceerá neste apartado.

O formulario deberá entregarse xunto co Xustificante de liquidación ou exención/bonificación de taxas e a fotocopia do NIF/DI/Pasaporte.

O prazo para a entrega de solicitudes rematará o vindeiro día 31 de xaneiro de 2009.