14/7/09

Modificación da convocatoria de OPE.

Hoxe, 14 de xullo de 2009 saiu publicada en DOG a modificación da Resolución do 18 de febreiro de 2009 pola que se convoca OPE de diversas categorías de persoal estatutario.

PROMOCION INTERNA

  • Con carácter xeral, está exenta de facer o exame da parte común (temas 1 a 8, ambos inclusive).
  • Quen se presente a grupo técnico ou de xestión da función administrativa e que pertenzan á categoría inmediatamente inferior, estará exento do 3º exercicio de desenvolvemento de temas.
  • Os auxiliares da función administrativa que se presenten a persoal de servizos xerais, ou viceversa, estarán exentos de realizar o 2º exercico de contido práctico co ordenador.
  • Quen se presente a diplomaturas sanitarias que pertenzan a unha categoría de diplomado sanitario, estará exento de contestar as preguntas dos temas 9 a 18, ambos inclusive.

EXAME DE GALEGO

  • Quedará exento de realizar o exame de galego quen acredite o coñecemento da lingua galega, asignándoselle 5 puntos.
  • Queda aberto o prazo para a presentación de copia compulsada de acreditación de coñecemento da lingua galega ata o 31 de agosto de 2009, este inclusive.

Para máis información.

3/7/09

Información carreira profesional

A Plataforma sindical consituida por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT manifesta a súa decepción pola primeira reunión mantida co novo goberno, de negociación do Réxime ordinario de carreira.
PARA O SERGAS ESTA É UNHA NOVA NEGOCIACIÓN, O QUE NOS OBRIGA A EMPEZAR DE NOVO O TRATAMENTO DE TÓDOLOS ASUNTOS E NON SÓ AQUELES QUE PARA NÓS ERAN IMPORTANTES, ACORDADOS POLA PLATAFORMA SINDICAL ANTES DAS ELECCIÓNS DA XUNTA.
A reunión produciuse coa Dirección de Recursos Humanos, que presenta un borrador regresivo en todos os aspectos, e, por si fora pouco, anulan a irreversibilidade da carreira, hegando ao extremo de propoñer como castigo a perda do grado. Do único asunto que se pronunciaron claramente foi da súa negativa á Carreira para funcionarios e laborais, do resto das demandas dos sindicatos non se pronunciaron, xa que dín, están estudiendo o impacto económico das mesmas.
AS DEMANDAS PRINCIPAIS DOS SINDICATOS SEGUEN SENDO:
  • MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO
  • TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO
  • MELLORA DA PROMOCIÓN INTERNA
  • AVALIACIÓN XUSTA
  • TRATAMENTO FUNCIONARIOS E LABORAIS
  • TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006

QUEDAMOS EN REUNIRNOS NO PRAZO DUNHA SEMANA XA CO DOCUMENTO COMPLETO.

OPE Aragón varias categorías.

No Servicio Aragonés de Salud está abreto o prazo para a presentación de solicitudes de participación na OPE para persoal estatutario fixo.
Para máis información :
http://portal.aragon.es/portal/page/portal/SAS/EMPLEO/OPOSICIONES

Acreditación de coñecemento da lingua galega para os opositores FEAS

Hoxe 3 de xullo, saiu publicada no DOG a resolución pola que se abre o prazo para a presentación da documentación acreditativa de estar en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega.
O prazo remata o 31 de xullo de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos para a OPE 2008 para FEAS, presenten na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, copia cotexada do Celga 4 ou equivalente.
Aqueles aspirantes que acrediten estar en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega, outorgaráselles no terceiro exerccio unha puntuación de 5 puntos.

8/6/09

OPE FEAS, resolución sobre as opositoras xestantes.

Esta é a información remitida pola Administración en Mesa Sectorial ao respecto das aspirantes embarazadas que participan na OPE.

"No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) e do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización do exame do día 27 de xuño de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata ás 14 horas do día 24 de xuño de 2009."

15/5/09

OPE FEAS. Últimas novas.

Hoxe día 15 de maio tivo lugar a primeira reunión de Mesa Sectorial na que o novo equipo do Sergas, xunto coa Conselleira de Sanidade, se xuntaron coas organizacións sindicais.
No referente á OPE de FEAS, a CEMS foi a única organización sindical que solicitou que a OPE de FEAS se trasladase ao mes de outubro. O resto das organizacións sindicais amosamos o noso rexeitamento. Polo que a Administración mantén o 27 de xuño de 2009 como data de celebración da OPE de FEAS. Na próxima semán sairán publicados os tribunais.
Para máis información , pincha aquí.

Enfermaría especialista.

Na páxina web do ministerio de ciencia e innovación (http://web.micinn.es/), no apartado de universidades, onde fala da enfermaría especialista acaban de colgar un enlace para solicitar os títulos de enfermeiros especialistas e para poder coñecer o estado dos trámites. Ata o de agora só se poden tramitar as solicitudes para as especialidades de Enfermaría Obstétrico-xinecolóxica e Enfermaría de Saúde Mental. O resto de especialidades deberán esperar para a tramitación das solicitudes a que se aproben os programas formativos de cada especialidade.

Seguiremos informando.