14/7/09

Modificación da convocatoria de OPE.

Hoxe, 14 de xullo de 2009 saiu publicada en DOG a modificación da Resolución do 18 de febreiro de 2009 pola que se convoca OPE de diversas categorías de persoal estatutario.

PROMOCION INTERNA

  • Con carácter xeral, está exenta de facer o exame da parte común (temas 1 a 8, ambos inclusive).
  • Quen se presente a grupo técnico ou de xestión da función administrativa e que pertenzan á categoría inmediatamente inferior, estará exento do 3º exercicio de desenvolvemento de temas.
  • Os auxiliares da función administrativa que se presenten a persoal de servizos xerais, ou viceversa, estarán exentos de realizar o 2º exercico de contido práctico co ordenador.
  • Quen se presente a diplomaturas sanitarias que pertenzan a unha categoría de diplomado sanitario, estará exento de contestar as preguntas dos temas 9 a 18, ambos inclusive.

EXAME DE GALEGO

  • Quedará exento de realizar o exame de galego quen acredite o coñecemento da lingua galega, asignándoselle 5 puntos.
  • Queda aberto o prazo para a presentación de copia compulsada de acreditación de coñecemento da lingua galega ata o 31 de agosto de 2009, este inclusive.

Para máis información.

3/7/09

Información carreira profesional

A Plataforma sindical consituida por: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT manifesta a súa decepción pola primeira reunión mantida co novo goberno, de negociación do Réxime ordinario de carreira.
PARA O SERGAS ESTA É UNHA NOVA NEGOCIACIÓN, O QUE NOS OBRIGA A EMPEZAR DE NOVO O TRATAMENTO DE TÓDOLOS ASUNTOS E NON SÓ AQUELES QUE PARA NÓS ERAN IMPORTANTES, ACORDADOS POLA PLATAFORMA SINDICAL ANTES DAS ELECCIÓNS DA XUNTA.
A reunión produciuse coa Dirección de Recursos Humanos, que presenta un borrador regresivo en todos os aspectos, e, por si fora pouco, anulan a irreversibilidade da carreira, hegando ao extremo de propoñer como castigo a perda do grado. Do único asunto que se pronunciaron claramente foi da súa negativa á Carreira para funcionarios e laborais, do resto das demandas dos sindicatos non se pronunciaron, xa que dín, están estudiendo o impacto económico das mesmas.
AS DEMANDAS PRINCIPAIS DOS SINDICATOS SEGUEN SENDO:
  • MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO
  • TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO
  • MELLORA DA PROMOCIÓN INTERNA
  • AVALIACIÓN XUSTA
  • TRATAMENTO FUNCIONARIOS E LABORAIS
  • TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006

QUEDAMOS EN REUNIRNOS NO PRAZO DUNHA SEMANA XA CO DOCUMENTO COMPLETO.

OPE Aragón varias categorías.

No Servicio Aragonés de Salud está abreto o prazo para a presentación de solicitudes de participación na OPE para persoal estatutario fixo.
Para máis información :
http://portal.aragon.es/portal/page/portal/SAS/EMPLEO/OPOSICIONES

Acreditación de coñecemento da lingua galega para os opositores FEAS

Hoxe 3 de xullo, saiu publicada no DOG a resolución pola que se abre o prazo para a presentación da documentación acreditativa de estar en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega.
O prazo remata o 31 de xullo de 2009, inclusive, para que os aspirantes admitidos para a OPE 2008 para FEAS, presenten na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, copia cotexada do Celga 4 ou equivalente.
Aqueles aspirantes que acrediten estar en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega, outorgaráselles no terceiro exerccio unha puntuación de 5 puntos.