Esta é a información remitida pola Administración en Mesa Sectorial ao respecto das aspirantes embarazadas que participan na OPE.
"No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) e do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización do exame do día 27 de xuño de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata ás 14 horas do día 24 de xuño de 2009."
Suscribirse a:
Entradas (Atom)