26/2/09

Apertura do prazo para a inscrición á OPE 2009

Hoxe saiu publicada a convocatoria de concurso-oposición no Diario Oficial de Galicia, polo que a partires de mañá venres 27 de febreiro e ata o 31 de marzo de 2009 se poderán entregar as solicitudes de inscrición.
Os modelos de solicitude atópanse na páxina do Sergas, as cales serán cumplimentadas e entregaranse xunto co resto da documentación por rexistro.
Pagamento das taxas: Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. O devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Estarán exentos do pagamento da taxa os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría
especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Isto deberá ser acreditarse coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto
coa solicitude. Tamén se poderá realizar o pagamento das taxas a través da páxina do CIXTEC.

Documentación a aportar xunto coa solicitude:

  1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  2. Xustificante de aboar os dereitos de exame.
  3. As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias categorías deberán utilizar unha
solicitude diferente para cada unha á que se presenten.
Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha celas nun modelo de autoliquidación diferente.

25/2/09

Convocatoria OPE 2009 de persoal non facultativo

Confirmannos dende o Servizo Galego de Saúde que mañá xoves 26 de febreiro se publicará a convocatoria de OPE no Diario Oficial de Galicia.

OPE FEAS 2009

Hoxe mércores 25 de febreiro saiu publicada en DOG a resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se publican as listaxes provisionais dos aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición de determinadas categorías de facultativos especialistas.

As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros
de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de
Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día
seguinte ao da publicación desta resolución , para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

15/2/09

ATRASOS ECONÓMICOS DA INTEGRACIÓN DAS FUNDACIÓNS

Dende Recursos Económicos do Sergas infórmannos de que na nómina do mes de MARZO se fará efectivo o cobro dos atrasos pendentes dende xullo de 2007 referentes á estatutarización do persoal integrado no réxime estatutario das Fundacións Públicas Sanitarias.

9/2/09

MOBILIZACIÓNS POLA CARREIRA ORDINARIA

A Plataforma Sindical formada por (CIG, UXT, CCOO,CSI-CSIF, CESM-SATSE e SAE), teñen convocada unha concentración diante do Servizo Galego de Saúde en Santiago o vindeiro 17 de febreiro de 2009 ás 11:30 horas.

Esixe a paralización do Decreto, solicitando se retome o proceso negociador dentro do Marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira Profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.

DECRETAZO NON
NEGOCIACIÓN SI

Se queres parar ao Sergas participa nas mobilizacións.

PREVISIÓNS OPE SERGAS 2009

Segundo información do Servizo Galego de Saúde, as previsións para a OPE 2009 son as seguintes:

  • PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO E XESTIÓN E SERVIZOS.

13 de Febreiro: Publicación da oferta de emprego.

Finais de Febreiro: Convocatoria OPE (Prazo de solicitudes ata o 31 de marzo).

Principios de Maio: Publicación dos listados de admitidos/as e excluídos/as.

Mes de Maio: Constitución dos Tribunais.

Segunda quincena Setembro ou Primeira de Outubro: Exames

  • PERSOAL FACULTATIVO.

Segunda quincena de Febreiro: Publicación dos listados provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

Mes de Marzo: Constitución dos tribunais.

Último fin de semá de Xuño: Exames.