4/11/09

PRESENTACIÓN DA NOVA PÁXINA DE CIG-SAÚDE CEE

Queremos presentarvos a nova páxina de CIG-SAÚDE de Cee. Esta nova páxina poderá visualizarse dende a páxina principal de CIG-SAÚDE e a través da intranet.
A nova dirección é:

www.cig-saude.org/CEE

A páxina que estades a visualizar permanecerá activa un tempo.
Grazas pola vosa participación.

27/10/09

MANIFESTACIÓN EN VIGO


O xoves 29 de outubro vaise celebrar unha manifestación en VIgo ás 20h dende o cruce de Gran Vía con Urzaiz contra a privatización do novo hospital de Vigo.

POSICIONAMENTO CIG-SAUDE SOBRE OS ORZAMENTOS 2010

MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

Mañá mércores haberá unha manifestación en Santiago dende San Caetano ata o Sergas ás 11 horas ata as 13 horas.
Esta manifestación está convocada pola plataforma sindical unitaria, contra a política da Xunta de recortes e supresión dos acordos asinados.

NON FALTES
XÓGASTE MOITO

2/10/09

INFORMACIÓN URXENTE. AGRESIÓN AOS TRABALLADORES DO SERGAS.




Tratamento das embarazadas na OPE.

O Sergas acaba de remitir a seguinte información:
"No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).
Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización dos exames do mes de outubro de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata as 14 horas do día 14 de outubro para os chamamentos dos días 16, 17 e 18 de outubro de 2009; e ata as 14 horas do día 21 de outubro para os chamamentos dos días 23, 24 e 25 de outubro de 2009."